This is an example of a HTML caption with a link.

A empresa


Riga Santiago, S.L. é unha empresa especializada en  instalacións eléctricas tendo realizado dende o seu nacemento multitude de proxectos e obras,  que abarcan tódolos ámbitos, tanto do Sector Público como Privado.

A nosa empresa está formada por un equipo humano de profesionais de longa e demostrable traxectoria, que día a día poñemos o noso empeño e coñecementos en ofrecer aos nosos clientes a máxima calidade, e cuxa confianza e satisfacción son o mellor aval do noso bo facer.

 

 

 

 

 

A nosa empresa colabora dende o 2011 co Instituto Galego Enerxético de Galicia (http://www.inega.es/) para xestionar as axudas para a concesión de subvencións relativas ao Plan Renove de Iluminación Interior. Este plan ten como obxetivo mellorar a eficiencia enerxética a través da renovación de instalacións existentes de equipamentos de iluminación interior, substituíndo estas por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía.


O investimento mínimo esixible ha de ser de 500 €, sendo a contía máxima da subvención un 25% de custo da nova instalación de iluminación. Existen uns máximos segundo o tipo de instalación, sendo un máximo de 1500 € por vivenda unifamiliar, 10.000 € por edificio de vivendas en bloque e 25.000 € por edificio destinado a outros usos.

ENLACES DE INTERES

ECOLUM.-http://www.ecolum.es

SIRGA.- http://sirga.cmati.xunta.es/

 


 

© Riga Santiago SL ..:.. Rúa das Palmeiras, nº 71-A1 - P.I. Novo Milladoiro - Milladorio - Ames - 15895 (A Coruña) 981 572 848